Xunto a o IES do Milladoiro, o Clube da Lingua do instituto Marco do Camballón, de Vila de Cruces, puxo en marcha o proxecto O poeta que baila, para afondar no profundo vínculo coa música que ten a obra literaria de Florencio Delgado Gurriarán. O escritor valdeorrés exiliado en Portugal, Francia e México será o homenaxeano este ano no Día das Letras Galegas. Os e as estudantes cruceños van abordar a música tradicional presente na súa escrita, mentres que o alumnado do Milladoiro ten a tarefa de de analizar os ritmos latinos. Delgado Gurriarán soubo combinar na sía producción literaria non só a lingua galega co crioulo mexicano, senón que combinoy os sons da súa terra natal con sons americanos como a rumba, o tango ou o veracruzano.

Cos estudantes do Marco do Camballón comezou a colaborar o músico Xabier Díaz. A mediados desta semana, houbo unha primeira toma de contacto para dar forma musical ao poema Pandeirada, no que Delgado Gurriarán fala de pandeiros, pandeiretas e tamén adufes, instrumentos tradicionais de orixe mourisca. Haberá novas sesións de traballo, posto que a intención é facer un videoclip e grabar este tema nun estudo.

É, sen dúbica, un aporte máis do centro cruceño á cultura en galego, tras iniciativas como as tatuaxes en galego ou a materia de regueifa.