A Santa Lucía de Siracusa, avogosa para as enfermidades da vista e dos ollos, ten moitas celebracións na comarca de Deza e presenza de imaxes en moitas igrexas capelas.

Ofrendas á santa en Vila de Cruces. | // D.G.A.

Nesta ocasión estivemos nas de Moneixas, no municipio de Lalín, e na parroquia de Vila de Cruces. Na primeira, que atende o párroco Elías García Carmuega, encheuse a igrexa-santuario, que conxuga o románico co barroco, nas misas celebradas nesta xornada, a principal ás doce do mediodía, con devotos da parroquia e moitos chegados da vila de Lalín e da contorna, que ofreceron cirios esmolas á Santa. No municipio de Lalín, tamén hai celebración en Cadrón, aínda que hai algún anos se trasladou ao verán.

Devoción por Santa Lucía

En Vila de Cruces, a misa solemne foi á unha da tarde, cantada polo párroco Alejandro Baustista e o reitor do Corpiño, José Criado. O amplo tempo mediouse de devotos, que tamén aquí cumpriron co ritual de prender cirios, pousar esmolas no cepillo e deixar pagadas algunhas misas. Non houbo procesión, por mor de respectar as normas que impón a pandemia. No mesmo concello das Cruces, a Santa ten festa en máis, con misa solemne e noutro tempo procesión. En Brandariz, onde a Santa ten unha fermosa imaxe, a festa trasladouse ao verán.

Tamén houbo celebración en Negrelos con misa solemne ás 13.00 horas cantada polo vicearcipreste de Camba, Alvito García Fento, poida que a máis concorrida das que teñen lugar en terras de Rodeiro, con liturxia en Asperelo e Fafián e ata hai poucos anos en Santa Baia. En Silleda celebran a festividade as parroquias de Mánduas e Parada –esta no verán–, pois perdeuse a de Rellas.

Proximamente, dará comezo a novena da Santa Lucía en Vilar do Río, que ten festa principal o 25 deste mes de decembro, na súa fermosa capela a orelas do regato de Lamas, na parroquia de Bendoiro, en terras de Lalín.