Silleda recibe á Xeración Nós
Un espectáculo teatral recrea o percorrido, en 1926, de sete literatos ata Compostela

Os intelectuais, durante unha cea. | // BERNABÉ/ANA AGRA / salomé Soutelo

En xullo de 1926 Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Xavier Pardo, Antón Sánchez, Lois Feixóo, Afonso V. Monxardín e Florentino López Cuevillas cubriron en tres xornadas a distancia entre Ourense e Santiago, pasando por dez concellos: ademais da capital ourensá, por Amoeiro, Maside, Carballiño, O Irixo, Lalín, Silleda, A Estrada, Vedra e Boqueixón. Seguían as indicacións do coñecido como Mapa de Fontán.

Público asistente á recreación teatral. | // BERNABÉ/ANA AGRA / salomé Soutelo
Onte, no lugar trasdezao do Foxo e 95 anos despois deste periplo, un grupo de actores e actrices dirixidos por Rosa Puga Davila, recrearon parte desta camiñata dos sete intelectuais ourensáns, que en 1920 foran o xermolo da Xeración Nós. Aproveitando tanto este centenario como a celebración do Ano Xacobeo, a peza teatral, que leva por nome Camiño Nós, forma parte da iniciativa que puxeron en marcha os dez concellos mencionados para difundir esta ruta, dando a coñecer todos os elementos patrimoniais con que contan.
A representación estivo aberta a todo o público, e estaba convidado o alumnado de Secundaria. Os actores e actrices recreaban a estancia dos sete intelectuais no Hotel Carlos, no Carballiño, despois de cubrir a primera etapa da ruta xacobea. A obra está adaptada por Luis González Tosar, en base ás crónicas que publicara Xavier Pardo en A Nosa Terra, entre o 25 de xullo de 1926 e o 1 de abril de 1927.
Webserie
Por outra banda, Edicón Consultores presenta hoxe no Pazo de Liñares (11.30 horas) a webserie A paso de muiñeira, producida por esta firma lalinense e dirixida por Adela Otero. A peza fai un percorrido polo folclore e a cultura tradicional das distintas localidades polas que discorre o Camiño de Inverno, ruta oficial xacobea desde o ano 2016.Participan no acto de presentación xunto a directora Javier Blanco, xerente da productora, e os actores Julián e Anabel Montouto. Esta aproveitará para presentar ademais a exposición deretratos que acolle tamén o pazo.
- José Abellán, cardiólogo: «Para saber si has descansado bien el indicador más fiable es cuando terminas de comer»
- Hallan en el pantano de Portodemouros el cadáver del vecino de Arnego desaparecido el sábado
- Soy guía turístico en Galicia desde hace 10 años y estos son los lugares más bonitos que he visitado: «Poca gente los conoce»
- Vigo prende San Juan: todas las hogueras, fiestas y sardinadas de 2025
- William Arias, médico, advierte: esto que tomas a diario en España dispara el riesgo de hígado graso
- El Celta ficha a Jutglá por algo más de 5 millones
- Cuando la 'wedding planner' es la madre de la novia: boda con alma gallega en Ourense
- Este es el restaurante gallego que ha conquistado a la reina Sofía en su última visita Galicia: comida casera junto al río