Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

XULIO BALADO | Fundador e integrante de Viravolta Títeres

“Cando acabe isto, non sei quen vai poñer un prezo axeitado aos espectáculos”

Viravolta presenta a produción ‘Contos ao pé da cama’ xunto ó coro infantil Luís Areán

Xulio Balado (á esquerda) xunto a Pilar Álvarez e Anxo García.

Dende a súa creación en 1982, a compañía lalinense Viravolta Títeres desenvolveu unha inxente e variada cantidade de espectáculos escénicos. Fundada por Anxo García, Pilar Álvarez e Xulio Balado, Viravolta presenta hoxe no Salón Teatro de Lalín xunto ao coro infantil “Luis Areán” a representación Contos ao pé da cama.

–É a primera vez que se da a coñecer este espectáculo?

–A produción xa existía antes tamén como Contos ao pé da cama, pero levaba a música gravada. Este ano e o anterior, coa problemática do coronavirus, saíron diversas axudas por parte de Administración. Había unha delas da Agadic que se chamaba impulso ao sector escénico, polo que decidimos aproveitar esa subvención para poder contar con música en directo. É a mesma representación que se facía antes, pero agora conta con este engadido.

Ademais, parte da subvención esixe ter unha intermediación ou representación relacionada co Concello onde se leva a cabo a produción. A pianista Arlette Martín Velázquez é a directora do coro infantil “Luis Areán” e decidimos facer esa intermedación co coro, hoxe integrarémolo no espectáculo. Así, aproveitando que agora vai comezar o curso académico e as actividades, tamén se lle dá un pouco de pulo á agrupación para que se anoten máis persoas e sexa máis coñecido.

–En que consiste Contos ao pé da cama?

–A produción céntrase na figura de Nemo, un neno que vai para a cama, queda durmido e ten pesadelos. O que lle acontece é que o mundo está cheo de lixo e sempre ten pesadelos relacionados con esta problemática.

–Fixeron algunha outra vez algunha colaboración co coro infantil?

–Hai dous anos presentámoslle o festival de fin de curso e sempre tivemos boa relación cos responsables. Coa actual situación sanitaria, o traballo levámolo a cabo por separado.

A pianista Arlette foi a encargada de preparar ao coro. No espectáculo orixal, o neno esperta cos pesadelos e o pai tranquilízao para que durma. Neste caso, son as nanas que vai ir cantando o coro infantil as que o tranquilicen cando esperta asustado dos pesadelos que sofre.

–Ademais desta iniciativa, teñen outros proxectos en mente?

–Agora mesmo temos unha mostra no vello cárcere de Lugo, que vai estar ata o 31 de outubro. Logo fixemos a última produción, que é Menú de Refectorio e que estamos traballando para a súa distribución. Precisamente no Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 temos pendentes 7 funcións desas e estamos intentando movernos todo o que podemos.

–Aínda inmersos nunha situación de pandemia, houbo algunha recuperación no sector?

–Nós non a notamos moito. Hai moi pouco movemento e ademais está todo moi complicado. Non sei se á larga será bo ou malo, pero co tema do coronavirus concedéronse moitas subvencións. Case todo o que está saíndo agora estano a pagar as Administración, aos Concellos estalles saíndo gratis grazas as axudas que están concendo. É traballo para nós, que nos ven nmoi ben, pero en certa medida. Non sei despois, cando acabe todo isto, quen vai poñer un prezo axeitado aos espectáculos logo de tanto tempo nesta situación. É un pouco raro e cando haxa que poñer un prezo real a unha produción vai resultar bastante complexo.

Compartir el artículo

stats