Os centros educativos, como o lugar de traballo, ás veces son como a propia casa, xa que se pasa tanto tempo neles como no propio fogar. Así que é lóxico que estea decorado ao gosto de quen o emprega, é máis nunha época gris como a que deixou tras de si a irrupción do coronavirus.

Paleta de cores para disfrutar dos recreos

Por iso o CEIP de Merza quixo converter unha das fachadas do recinto nunha explosión de cores, que deixan claro que o centro é un lugar integrador e que nel aprender é unha aventura diaria, como reza o seu eslogan. O mural comezou a tomar forma a mediados desta semana da man da empresa ourensá Atípico, e este xoves os 11 estudantes déronlle as últimas pinceladas. Puideron, tamén, decorar a xardineira exterior con peixes e un polbo.

Paleta de cores para disfrutar dos recreos

Neste curso a piques de rematar tamén foi pintada un aula exterior que loce personaxes de Minecraft, como Baby Yoda ou Hermione. E as cores seguirán extendéndose por este centro educativo, pois é moi probable que outra fachada do centro, a que dá ao patio dos recreos, deixe de lucir unha cor branca para converterse nun espazo ao que mirar. Porque no fondo, trátase tamén de mirar e admirar arte, feita desde un colexio de aldea e que xa espertou máis dunha louvanza e sorriso entre os proxenitores que van recoller aos seus nenos cando remata a xornada escolar.