Dentro do programa “Coida do medio ambiente, coida de ti” que estase levando a cabo estes días coa colaboración do Concello de Lalín na Residencia As Dores da localidade, onte realizouse unha actividade de xardinería que consistíu en transplantar xeranios para deixar, se cabe, máis bonito o xardín do céntrico xeriátrico da capital dezá. Ademais, grazas á colaboración que está a ter a residencia coa Obra Social La Caixa co proxecto “Móvete e come san, a idade non importa”, a entidade tivo a oportunidade de mercar un desfibrilador que axudará aos profesionais do centro no caso de que houbera unha urxencia cardiorespiratoria.