Síguenos en redes sociales:

Cerdedo-Cotobade despide o Entroido co concurso do Domingo de Piñata

Cerdedo-Cotobade despide o Entroido co concurso do Domingo de Piñata

| O Concello de Cerdedo-Cotobade despediu o domingo o Entroido coa participación de máis de mil persoas na festa do seu Domingo de Piñata. Incluíu un vistoso desfile entre a Praza do Concello e o pavillón municipal de Carballedo así como un concurso de disfraces. Máis de 1.000 persoas disfrutaron do espectáculo, animado por oito grupos e comparsas. Gañaron "Ramonciña", "Olimpiadísimas", "Afiador" e "Viquingos". Ao final degustáronse gratis vincha, chulas e orellas.

Pulsa para ver más contenido para ti