O instituto Aller Ulloa, de Lalín, mantén ata este venres o prazo de participación nun concurso de caretas de Entroido.Os estudantes poden mercar a careta modelo por 0,90 euros no Departamemto de Educación Plástica e Visual. Todas as obras quedarán expostas no vestíbulo do centro, dende o 25 ata o día 28. O xurado dará a coñecer os autores das tres mellores o 1 de marzo, cando se entreguen os premios. Poden participar estudantes de secundaria, bacharelato e ciclos formativos.