Ciencia de mírame e tócame
Alumnos do IES Pintor Colmeiro e do María Inmaculada participan nun obradoiro ata o mércores
Redacción | Silleda
Os efectos ópticos, a electricidade e o magnetismo, as propiedades dos líquidos e os gases ou os minerais. Poderían parecer temas só aptos para expertos, pero dende a Concellería de Educación e Normalización Lingüística de Silleda púxose onte en marcha unha actividade que pretende achegar a ciencia aos máis novos nunha linguaxe comprensible, e ademais en lingua galega. Nas dependencias do instituto Pintor Colmeiro, os alumnos de Secundaria tanto deste centro como do María Inmaculada, organizados en turnos, aprenden desde onte e ata o vindeiro mércores todos os segredos da ciencia e, por extensión, do mundo que nos rodea.
Baixo o lema Prohibido non tocar, no mencionado instituto montouse unha especie de pequeno laboratorio con 70 obxectos que permiten participar en experimentos, acompañados de monitores. A actividade está desenvolta co colectivo Ciencia en Movemento, un grupo de científicos e científicas que apostan pola divulgación en galego desta materia. A través deste proxecto téntase que os alumnos aumenten o seu interere pola ciencia e pola natureza. A iniciativa xa visitou outros centros educativos, como o IES de Mugardos, na comarca ferrolá, ou o CEIP Pena de Francia, en Mos.
- Ameloblastoma: el tumor oral frecuente, que rara vez da metástasis y se cura desde la pierna
- «Está demostrado científicamente que tener un perro aumenta los niveles de oxitocina, la hormona de la felicidad»
- Cuando viene el lobo
- Cesan a todos los empleados de mantenimiento de Vialia: «No quieren que nos sindiquemos»
- Lleva el coche a un taller de Vigo y se incendia cuando lo probaban tras repararlo
- Un revés judicial clave para Stellantis: pierde contra un proveedor al que acusaba de subir los precios
- Buenas noticias para los familiares de pensionistas fallecidos: la devolución de Hacienda tras el fallo de la Agencia Tributaria
- El domingo se unirá un tercer crucero a los dos que se han tenido que resguardar fuera de ruta en el Puerto de Vigo