Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O persoeiro da inscrición de Codeseda

A transcrición feita do texto atopado nunha lousa fai referencia ao cóengo Juan Rodríguez da Ponte

Debuxo de Juan Andrés Fernández sobre a inscrición e sinatura de 1629 de Juan Rodríguez de Ponte.

Debuxo de Juan Andrés Fernández sobre a inscrición e sinatura de 1629 de Juan Rodríguez de Ponte.

Nunha parede do paramento externo da escaleira que da acceso á casa reitoral de Codeseda este ano o grupo "Codeseda viva" atopou unha inscrición (incompleta) nunha lousa prismático-rectangular de 1,32 x 0,40 metros.

Grazas a don Juan Andrés Fernández Castro, historiador e director do Museo do Pobo Estradense ''Manuel Reimóndez Portela'', temos a súa transcrición, que di:

"SIENDO REINANTE NUESTRO SEÑOR JESUCRISTO SANTA MARÍA Y SAN YOSE EL LICENCIADO JUAN RODRIGUES DE APONTE ANDRADE CANONIGO DE LA IGLESIA Y CATEDRAL DEL SEÑOR SANTIAGO Y (RECTOR DE) CODESE [DA].

O licenciado é cóengo de Santiago que aparece na inscrición, Juan Rodríguez de Ponte, debía ser da zona de Oza dos Ríos (A Coruña), pois tiña na zona moitos bens, fundou unha casa en Santa Cruz de Mondoi, hoxe establecemento de restauración, e ademais alí estaban asentados varios sobriños.

Pertencía a unha familia fidalga, pois moitos dos seus parentes estaban moi ben situados. Era tío do cura de Cardama don Lucas de Ponte e Andrade, así como dos seus irmáns Jacinto (casado con Catalina de Caamaño) e Isabel Ponte Andrade, que casou con Jacinto Campelo Castro, boticario, confrade de Nª Sra. do Rosario, veciño da cidade compostelá, e dono da casa de Araújo en Ribeira (A Estrada). Don Juan Rodríguez tamén era tío do cóengo Pedro Pardo de Andrade, que foi o seu testamentario.

Juan Rodríguez de Ponte no ano 1600 xa era cóengo coadxutor de Rodrigo de Hevia, administrador do Hospital Real de Santiago. Fixo moitos cartos aproveitándose das tenencias do arcebispado así como arrendando terras. En 1600 xa levaba a tenencia de Luou e en 1609 arrendou unhas terras en Iria no lugar de Arretén, onde precisamente María de Castro, irmá do citado Jacinto Campelo, xunto co seu esposo Andrés García de Seares vai fundar o pazo e capela de Arretén, lugar onde naceu a nai de Rosalía de Castro.

O 28 de novembro de 1629 arrendou, pois era o "tenenciero de la tenencia de Codeseda", todos os froitos e rendas de dita tenencia durante catro anos e por unha pensión anual de 600 ducados os dous primeiros anos e de 8000 reais os anos seguintes.

E vemos en Codeseda.com unha transcrición dun documento no que o cóengo Juan Rodríguez de Ponte, "tenenciero de la tenencia de Codeseda" manda en 1619 arranxar a igrexa de Codeseda, do que se encargará en 1620 o canteiro Gregorio Matalobos, veciño de San Xurxo de Vea.

A inscrición atopada é pois a testemuña deste arranxo da igrexa de Codeseda efectuado en 1620. Este documento da detalles do arranxo efectuado e sitúa no tempo a inscrición pétrea achada.

A igrexa estaba en moi malo estado: "Primeramente se visitó la dicha iglesia, la cual tiene de ancho veinte y siete pies y de largo cincuenta y cuatro pies y de alto cuarenta y cinco pies, esto se entiende el cuerpo de la iglesia, la cual tenía tres arcos sobre los cuales cargaba el techo.

De estos arcos dos se cayeron y quedó el tercero que está para se caer. Este daño y ruina vino de ser la paredes tan altas y delgadas y el hueco de los arcos grande, por lo cual fue causa y la pared que esta a la parte del vendaval desde la mitad arriba se desaplomase de que esta de manera que sobre de ella no se puede cargar cosa alguna y ansi será necesario para su reparo y seguridad y menos costa de la obra que las paredes del cuerpo de la iglesia rebajen por la parte que dije al nordes once pies y en el altor que quedara esta pared se pasan las vigas para recebir el maderamiento y tejado y por quanto la pared del vendaval esta muy desplomada convicion deshazerse asta el talud que tiene la dicha pared de fuera ?"

De aí que se encargase a reparación a: "el dicho Gregorio de Matalobos a de adrezar y reparar la iglesia de San Jorge de Codeseda bajarla y volverla a subir conforme a las condiciones que antes de ahora tienen echas formadas del dicho canónigo y de mi escribano en cuyo poder quedan y así mismo a de hacer en la dicha iglesia el paredón arrimado a la capilla mayor conforme a las dichas condiciones y en todo cumpliendo en ellas sin que falte cosa alguna la cual dicha obra a de comenzar hacer en todo el mes de enero primero que viene del año 1620 y proseguir en ella hasta fenezer lla y acaballa..."

No ano 1900 é a derradeira reedificación da igrexa, tal e como se atopa na actualidade.

Compartir el artículo

stats