GALICIA - PANAMÁ

Balaídos celebra a festa do fútbol galego

O estadio vigués acolle 8 anos despois a volta da Irmandiña nun interesante duelo ante Panamá

O grupo de Diego Martínez pese as baixas, quere mostrar o talento do país e agasallar aos siareiros cunha victoria

Os integrantes da Irmandiña, onte no Hotel Ática, en Samil.

Os integrantes da Irmandiña, onte no Hotel Ática, en Samil. / Marta G. Brea

Balaídos celebra esta noite a gran festa de fútbol galego coa ansiada volta á escena da Irmandiña tras longo tempo de ausencia (20.00 horas, TVG). Oito anos despois da súa última comparecencia en Riazor, a selección galega mídese a Panamá da man do vigués Diego Martínez nun partido agardado con grande expectación polos siareiros que, a pesares das baixas, debe mostrar o crecimento do fútbol do país. A cita congregará no estadio vigués a máis de 15.000 espectadores.

Diego Martínez non vai poder dispoñer dalgúns dos seus mellores futbolistas. Por distintos motivos, faltarán pezas tan importantes da Liga como Brais Méndez, Santi Comesaña ou o lesionado Denis Suárez, así como Joselu Mato ou Lucas Vázquez, que mañán disputan a final da Liga de Campeones co Real Madrid en Wembley.

No estarán tampouco no estadio celeste boa parte dos principais representantes galegos en clubes extranxeiros, coma Borja Iglesias, Rubén Blanco, Nico González, Stefan Bajcetic, Thiago e Rafinha Alcántara ou Gabri Veiga.

O céltico Iago Aspas, que exercerá como capitán, e o deportivista Lucas Pérez son os principais referentes do equipo, no que sí figuran algunhas das meirandes promesas do fútbol galego que militan na Liga (Carlos Domínguez e Hugo Sotelo) ou en sobranceiros equipos europeos –Hugo Bueno (Wolverhampton), Álvaro Carreras (Benfica), Lucas Taibo (Sporting de Portugal), ou Álvaro Ratón (Wilsla de Cracovia)–, que terán a oporunidade de darse a coñecer aos siareiros.

O Celta, con seis futbolistas, e o Racing de Ferrol,. con catro, son os equipos galegos con maior presenza no grupo, no que tamén están representados o Deportivo o Betis e Las Palmas e equipos de menor xerarquía, coma a Cultural Leonesa ou o Arenteiro.

O rival de Irmandiña será Panamá, conxunto desde hai catro anos dirixido polo hispano-danés Thomas Christensen, que se atopa en xira por España para preparar a próxima Copa América. O combinado centroamericano, que ven de empatar o pasado mércores fronte a selección catalana nun divertido encontro (2-2), plantexará un interesante desafío aos pupilos de Martínez, que define ao rival como un equipo “agresivo, vertical e de bo nivel físico” e que suporá toda unha proba para os seus futbolistas.

O partido se vivirá por xogadores e siaeriros como unha festa, pero tamén como unha boa oportunidade para amosar o crecemento que ten vivido o fútbol do país nestes anos, sen esquecer a firme vontade de agasallar ao público a victoria que se resistiu á Irmandiña hai 8 anos fronte a Venezuela en Riazor.