A fase regular da Terceira División RFEF conclúe oficialmente este próximo domingo 24 de abril coa disputa da última xornada no Grupo 1 e a emoción está asegurada, debido a que aínda quedan moitas cousas por decidir.

O ascenso directo á Segunda División RFEF é cousa de dous, Polvorín FC ou Ourense CF, e que hai 4 equipos (CD Barco, Rápido de Bouzas, Racing Club Villalbés e RC Deportivo Fabril) que nesta última xornada loitarán polas dúas prazas de playoff de ascenso que aínda non teñen dono.

Ademais, tamén hai batalla na zona baixa para evitar a décimo terceira praza que podería supor un descenso no caso de arrastres.

O desenlace desta fase regular da Terceira División RFEF será este domingo 24 de abril a partir das 18 horas.