Morre Dorothé Schubarth, a suíza que preservou a música popular galega
Fondo pesar na cultura galega tras a morte da etnomusicóloga que percorreu as aldeas de Galicia nos 70 e 80 para gravar o cancioneiro tradicional
![Dorothé Schubarth, na entrega dos Premios La Opinión de A Coruña, en 2014](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/d1d180a1-aa7a-4332-929e-4af1e4f086d8_16-9-discover-aspect-ratio_default_0.jpg)
Dorothé Schubarth, na entrega dos Premios La Opinión de A Coruña, en 2014 / 13fotos
A. L.
Fondo pesar na cultura galega. O pasado mércores morreu nun hospital de Basilea aos 79 anos Dorothé Schubarth, a etnomusicóloga suíza que nos anos 70 e 80 percorreu as aldeas do país para rescatar as súas músicas populares.
A nova do facelecemento coñeceuse na mañá deste venres e provocou reaccións en cadea. A Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega ou o Museo do Pobo Galego, ademais de numerosos usarios das redes sociais, manifestaron a súa tristura e, sobre todo, o seu agradecemento polo traballo de Schubarth.
Xunto co filólogo Antón Santamarina, a etnomusicóloga recolleu o seu homérico traballo de campo no Cancioneiro popular galego. En realidade, Dorothé Schubarth chegou a Galicia de vacacións en 1978, cando xa era unha investigadora recoñecida, autora de O canto popular en Europa e catedrática de Harmonía e Contrapunto da Academia de Música de Lucerna.
Pero a súas áreas de estudo centrábanse no Balcáns, o Cáucaso, Alemaña e Francia. Aquí ficou impactada pola riqueza musical do repertorio tradicional galego. Nos seguintes cinco anos, coa axuda de Santamarina, percorreu o país para rexistrar e preservar ese tesouro a piques de desaparecer.
Cos anos, a súa tarefa foi amplamente recñocida, tanto polos músicos como polas institucións. Hoxe, no sitio web do Museo do Pobo Galego, pódense consultar todas as súas gravacións.
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Uno de los dos tripulantes gallegos desaparecidos sobrevivió al secuestro del atunero Alakrana del 2009
- El abandono no entiende de razas ni de dinero: mascotas que valen miles de euros llegan a A Madroa
- Condenan a dos años y medio de prisión al maquinista del Alvia y al exdirector de Seguridad de ADIF por el accidente de Angrois
- La familia del vigués que murió tras el concierto de Karol G anuncia denuncia: 'No hubo forcejeo ni pelea
- Mujer de más de 45 y sola busca ayuda