Nova e enérxica versión para un clásico das merendas de milleiros de nenos da Xeración Xabarín. O grupo vigués Bafana Bafana acaba de lanzar na súa canle de Youtube a súa interpretación da canción de apertura da mítica serie de manga animado Dragon Ball. O vídeo foi gravado en maio para o programa da TVG 'Quen anda aí?', emitido o Día das Letras Galegas. De seguro que o tema, cargado de forza roncanroleira, recorda a moitos a aquel minuto de expectación polas seguintes andanzas de Son Goku.

Bafana Bafana é unha banda de versións cunha década de experiencia. Para aqueles que queiran berrar con eles os versos da canción d'As Bolas Máxicas e outros grandes éxitos (dende Eric Clapton a Britney Spears ou Sergio Alma), este sábado tocan nas festas de San Paio de Navia, ás 21:00. Os seus membros están ilustres da escena viguesa: o batería Héctor Agulla ( Why Go?, Loiros), o guitarrista Iago Marta (Noar), o baixista Rubén Palomo (Fallen Sentinel), o cantante Juanjo Treus e o saxofonista Diego 'Tornado' Alonso, que tamén fai voces.

Para os seareiros da serie hai outra cita este sábado, neste caso con dous dos dobradores da serie.