A por una nova xeración Xabarín
A. C.
A iniciativa 'Xabarín' para pór en marcha unha canle audiovisual en galego, un camiño iniciado Mesa pola Normalización Lingüística co respaldo de máis de 33.000 firmas da cidadanía, acadou o apoio unánime do Parlamento de Galicia.
O acordo adoptado na cámara galega a pasada semana recolle que “o sinal destas canles sería distribuído a través dos paquetes básicos das operadoras de televisión por fibra óptica, satélite, ADSL e tecnoloxía móbil, con programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíble en todos os dispositivos e plataformas de contidos audiovisuais, así como app actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir nesta canle en galego a presenza de contidos atractivos, de éxito, actuais e pasados, así como contidos educativos e de produción galega”.
A proposta incide tamén en pedir á Corporación de Radio Televisión Española que "emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos da súa app". Demanda, paralelamente, "chegar a acordos con outras administracións e empresas co fin de garantir a opción dobrada e lexendada ao galego en todas as plataformas dixitais de televisión, así como ao estudo para o avance da difusión do sinal da TVG en Portugal e da RTP na Galiza".
O papel do Xabarín na difusión do galego entre os cativos
Durante anos as merendas de varias xeracións estiveron acompañados polo porco bavo máis popular da televisión. Series, música ou ciencia en galego acompañaban aos cativos. O programa foi quen de facer que rapaces de toda Galicia, nas cidades e no rural, berraran a coro nos patios de colexio as mesmas cancións que oíran o día anterior na tele ou comentasen na lingua de Galicia as xogadas dos seu monicreques favoritos. Todos querían "afiliarse" para chegar a "ser cen mil" e que lle felicitasen o aniversario na pequena pantalla.
Pero, ademais, de xeito natural, o Xabarín Club contribuiu á difusión e uso do galego entre a poboación máis nova, una tarefa cada vez máis difícil a vista dos datos que amosan una lenta agonía no uso do idioma. Contido audiovisual e de entretemento dirixido a mocidade supón un apoio a perda de falantes xa que o paso da educación primaria a secundaria, xunto co comezo da vida laboral, son dous momentos claves nos cambios lingüísticos en prexuízo do galego.
- Un iceberg 11 veces más grande que Vigo atraviesa un caladero gallego y amenaza con impactar contra las Georgias del Sur
- Muere el icónico presentador Xosé Manuel Piñeiro
- De ganar el bote de Pasapalabra a ocupar un alto cargo en el Ministerio de Interior
- Conmoción en la Policía Local de Vigo: «Se nos ha ido la sonrisa eterna»
- Detectados seis casos de cáncer de cérvix en el área sanitaria tras testar a más de 22.000 mujeres
- Hallan el cadáver del joven desaparecido en Silleda
- La despedida de Ion Aramendi en 'Reacción en cadena': «Gracias por todo»
- Detenido el capitán de un pesquero gallego por esclavitud a bordo