27 de octubre de 2018
27.10.2018
Nombramento

Afonso Vázquez-Monxardín, novo académico da Real Academia Galega

O profesor é unha referencia no rescate da memoria sonora galega e destacado activista cultural da súa cidade natal, Ourense

27.10.2018 | 13:09
Afonso-Vazquez-Monxardin.

Afonso Vázquez-Monxardín (Ourense, 1960) ven de ser nomeado académico correspondente da Real Academia Galega, informou a RAG nun comunicado. O pleno da institución, na sesión celebrada onte pola tarde, votou favorablemente a proposta de incorporación do catedrático de Lingua e literatura galegas, autor de destacadas investigacións de fondos documentais relacionados con persoeiros da cultura galega -nomeadamente das gravacións de intelectuais como Otero Pedrayo- e activista cultural de referencia na súa cidade natal.

O novo académico correspondente é licenciado en Xeografía e Historia e desde 1983 é docente de Lingua e literatura galegas, profesión que exerce como catedrático no IES As Lagoas de Ourense. Os seus primeiros traballos están moi relacionados coa carreira que estudou, na que se especializou en Prehistoria e Arqueoloxía. Colaborou co Museo Arqueolóxico de Ourense, nos xacementos de Castromao, San Cibrao de Las ou A Lanzada, e tamén noutros en territorio portugués ou italiano. En 1983 incorporouse á docencia de Lingua e literatura galegas pero continuou a súa relación coa historia, cursando novas especialidades e mantendo a condición de colaborador do Museo Arqueolóxico de Ourense.

Como profesor visitante de lingua e cultura galegas, Afonso Vázquez-Monxardín Fernández está moi vencellado a universidades e centros galegos de América do Sur. Tras participar a finais dos anos 70 na comisión cidadá que gravou entrevistas para a radio a Celso Emilio Ferreiro, Blanco Amor ou Xaquín Lorenzo, foi en 1991 un dos impulsores do proxecto Arquivo Sonoro de Galicia no seo do Consello da Cultura Galega, concibido para rescatar a memoria sonora de distintas sociedades da Galicia territorial e emigrante e integrala con outros exemplos da memoria sonora culta e popular nunha fonoteca pública. Foi ademais o organizador da primeira campaña de microfilmación de prensa e rescate de publicacións no Centro Galego de Buenos Aires para o Arquivo da Emigración.

A tradución é outro dos campos que ten cultivado o profesor. En 1985 participou na creación da Asociación Galega de Tradutores e verteu ao galego durante dous anos a serie "Magnum" para a súa emisión na TVG.

Polo seu labor como articulista mereceu o Premio de Xornalismo Literario Carlos Casares (2017) e o Premio Aurelio Carracedo de Xornalismo (2009). Como creador literario tamén colleitou o Premio Ourense de Contos para a Mocidade (1987) e foi finalista no Premio de Narraciones Breves Antonio Machado (1989).

Roteiros literarios, guías didácticas de escritores ou guións de vídeos son outras das achegas realizadas por Afonso Vázquez-Monxardín en relación coa realidade cultural ourensá e do conxunto de Galicia. Desde hai un ano é secretario da Fundación Otero Pedrayo, onde organizou recentemente a terceira edición do Abril Oteriano.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Televisión


Una imagen de 'Sálvame'
El bodorrio de Belén Esteban

El bodorrio de Belén Esteban

En Telecinco se analizó el enlace durante dos días en un sinfín entre colegas de la colega

Salen a la luz las fotos más nostálgicas de 'Compañeros'

Salen a la luz las fotos más nostálgicas de 'Compañeros'

El creador de la mítica de la serie de los 90 recuerda la ficción con varias imágenes del rodaje

Gema López abandona 'Sálvame' tras una tremenda bronca con Jorge Javier

Gema López abandona 'Sálvame' tras una tremenda bronca con Jorge Javier

La discusión arrancó por el concurso de Chelo García Cortés en 'Supervivientes'

Los Lobos de 'Boom' consiguen el mayor premio de la historia de la televisión

Los Lobos de 'Boom' consiguen el mayor premio de la historia de la televisión

Los concursantes han grabado ya el programa en el que se llevan el bote, según avanza Marca


'La Casa de Papel': así funciona el tiempo en la 3ª temporada

'La Casa de Papel': así funciona el tiempo en la 3ª temporada

La serie que ha conquistado a medio mundo regresa con nuevos capítulos el 19 de julio

Iker Jiménez: "El diablo baja la audiencia de 'Cuarto Milenio'"

Iker Jiménez: "El diablo baja la audiencia de 'Cuarto Milenio'"

El presentador del programa sobre sucesos paranormales desvela sus mayores miedos