Xabier Paz presenta a súa última novela histórica en Gondomar

A libraría Libraida de Gondomar acolle esta tarde ás 20.00 horas a presentación da última novela de Xabier Paz, coa presenza do autor. “O libro e o tapiz” é unha novela histórica ambientada na Compostela entre os séculos XI e XII. Presenta o acto Anxo Rodríguez Lemos, doutor en Historia e cronista oficial de Baiona.