Concerto dos Alegres do Val Miñor no muíño de Porto do Molle

A programación das Letras Galegas do Concello de Nigrán propón para hoxe ás 20.00 horas un concerto no exterior do muíño de Porto do Molle. O grupo miñorán conta con dúas gaitas, catro acordeóns, dous saxos e percusión. Mañá sábado, á mesma hora e no mesmo lugar, haberá unha foliada coas pandereteiras do Sobreiro, Leni Pérez e Roberto Comesaña.