Síguenos en redes sociales:

Rosalía xa florece no Bosque da Lingua

O auditorio comunal de Couso acolle o seu primeiro grande acto cultural coa presentación do libro que estuda as prantas na obra da poeta

Rosalía xa florece no Bosque da Lingua

Un camelio co nome de Rosalía medra desde onte no Bosque da Lingua de Couso. O primeiro parque temático da cultura galega acolleu o seu primeiro grande acto coa presentación do libro “O Herbario de Rosalía”, que estuda as prantas recollidas na obra da poeta, e a prantación do seu arbusto favorito na súa memoria.

Ata 150 especies de árbores, flores e herbas que a autora mencionou ata 543 veces nas súas publicacións aparecen no volume creado de xeito interdisciplinar por tres investigadores da Universidade de Santiago: a filóloga María López Sánchez, a bióloga Mabel Fraga e o fotógrafo Miguel Fraga. Un traballo “extraordinario”, segundo explicou o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, ante os presentes no anfiteatro dos montes da parroquia gondomaresa.

O espazo que a comunidade de montes de Couso creou para divulgar a cultura galega en plena natureza segue na procura de fondos para desenvolverse. A campaña de micromecenado impulsada polos comuneiros e pola asociación Verdeval leva recaudado o 39% do obxectivo. Faltan 13.180 euros para acadar o investimento necesario para completar o recinto cun parque de xogos de madeira, unha zona de asemblea, unha cociña-laboratorio, mesas de experimentación, casiña, unha mámoa-túnel, pasarelas e ata un hotel de bichos.

Pulsa para ver más contenido para ti