O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, asistirá hoxe ao "Correlingua" de Tomiño, que terá lugar na Praza do Seixo. Intervirá ás 11.30 horas para falar da traxectoria do Correlingua, a maior actividade de normalización de toda Galiza, que cumpre 18 anos en activo, converténdose nunha xanela aberta á normalidade para o idioma propio, resultado do esforzo colectivo.