“A internacionalización é unha materia pendiente na Universidade de Vigo e non porque non fagamos esforzos, senon porque para captar investigadores de alto prestixio de fora da UE hai atrancos” de tipo burocático. Con esta afirmación o reitor da UVigo, Manuel Reigosa, explicou un dos retos futuros da institución académica que dirixe nun acto celebrado onte no Club FARO no que foi presentado pola vicedecana de Comunicacion, Captación e Diversidade da Facultade de Filosofía e Traducción.

Esa internacionalización, que xunto á igualdade de xéneros e a seguir dando pulo ao idioma galego, forman parte dos obxectivos do plan estratéxico 2021-2026 da universidade, responde tamén a unha realidade futura na que cada vez hai menos poboación en idade univesitaria en Galicia e se precisa captar alumnado foráneo, fundamentalmente de países Latinoamericanos, incluído Brasil, por cuestión de linguas comúns, según apuntou Reigosa, sen deixar de lado outros idiomas coma o inglés, que na actualidade forma o 80% dos créditos de dúas liñas formativas las Enxeñerías de Telecomunicacións e Industriais.

Referíndose ás tres misións da universidade- docencia, investigación e transferencia de coñecementos, Reigosa salientou que a UVigo “está entre as 600 mellores do mundo pola potencia da nosa investigación pese ó noso tamaño pequeño” e aludiu a doble alma da institución: “aspirar ao rigor e á excelencia e ao mesmo tempor transnferir coñecementos á sociedade da nosa contorna”. Nese senso, aludiu tamén á formación ao longo de toda a vida, atendendo ás demandas da empresa e cidadáns, e puxo como exemplo a Escola de Formación Permanente, que “nos meses que leva funconando nos deu ledicias”.

Facendo un breve percorrido polo pasado da institución fundada en 1990 segregándose da Universidade de Santiago, mencionou como catro antecedentes que forman as súas sinais de identidade as escolas de comercio (“que espero que en decembro sea facultade”), peritos e enxeñeiros industriais e o Colexio Universitario de Vigo. Alabou as decisión de reitores anteriores de medir a producción científica do profesorado, crear centrais de investigacións e manter tres campus en dúas provincias “sen caer no centralismo da USC” e dando a cada campus o seu matiz: “Crea a Pontevedra, Auga a Ourense e Tecnoloxía a Vigo”. Respecto ao debate de converterse en politécnica, defendeu que “universidade vén de universal e ten que ter todos os ámbitos: científico, humanístico, tecnolóxico e xurídico social. E tamén en ciencias da saúde, no que estaos escasos”.

Usando datos demográficos que amosan que a provincia de Pontevedra ten menos titulacións univeritarias que a de A Coruña en proporción coa súa poboación, destacou que “os campus de Pontevedra e Ourense son os únicos galegos que medran en captación de alumnos”, e seguirán aumentando coa incorporación do Grao de Deseño na primeira, e Intelexincia Artificial na segunda. “O de Vigo baixa, pero menos que os campus do norte de Galicia”.

Para falar dos retos de futuro -”se nos achaca que somos trastlánticos ou elefantes porque nos custa cambiar de dirección”-, mencionou como esforzos de cara a ofrecer unha formación de vangarda, formare atraer talentos, as cinco novas titulacións: grao e máster en Intelixencia Artificial, másters sobre vehículo autónomo e conectado e sobre o internet das cousas e un grao dual en Enxeñaría da Automoción, con práctias do alumnado en empresas.

“Tres dos oito centros galegos de investigación de excelencia están e Vigo”, manifestoou. Son os de investigacion mariña (CIM), biomédica (Cinbio) y de tecnoloxías da telecomunicación (atllanTTic). E hai tres apostas en preparación: O Cintecx -de Investigación en Tecnoloxías, Enxeñería e Procesos Industriais-, xa aprobado, ECOBAS (Economic and Bussines Administration for Society), que Vigo repatira coas outras universidades galegas, e Citaca (Clúster de Investigación e Transferencia Agroalimentaria do Campus da Auga) que se implantará en Ourense.

Igualdade, sostibilidade e novas apostas

Na súa exposición sobre o presente e futuro da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa confesou que en tema de igualdade aínda queda moito por facer, ainda que “espero que os nosos egresados leven a mensaxe de igualdade á sociedade”. Puxo exemplos de avances nesa materia, como salas de lactancia na universidade, medidas para que as investigadoras non sexan discriminadas respecto aos varóns pola maternidade, a cátedra de feminismo que financia a Deputación Provincial de Pontevedra, e estudos de fenda salarial e violencia de xénero. Outro dos temas polo que amosou preocuación foi pola sostibilidade. Explicou que a implantación de paneis solares e biomasa no campus de Pontevedra entre 2019 e 2021 supuxo un aforro de 339 toneladas de emisión de CO2 ao ano; que a aposta por unha combinación de xeotermia e aeroxeneradores en Ourense se traduciu en unha reducción de 44 toneladas; e cifrou en 1.038 toneladas menos de emisión de dióxido de carbono as actuacións desenvolvidas do campus de Vigo, que calificou de referente para vindeiros anos. Como apostas concretas de futuro, o reitor citou continuar loitando polo Campus do Mar e crear dous institutos de investigacións, un en Humanidades e outro en Física, Saúde e Deporte. O deseño de graos universitarios abertos, que “non obriguen ao alumnado a encaixonarse”, e graos interuniversitarios e internacionais, como o de Relacións Internacionais, e algún co Norte de Portugal, son outros proxectos que mencionou.