Aspas felicita ao Dépor e Lucas Pérez contéstalle: "Aguantade en primeira para un último derbi"
O dianteiro moañés apareceu por sorpresa nunha videochamada durante o programa 'Land Rober', de Roberto Vilar
Saen á venda dende 10 euros as entradas do Galicia-Panamá

Iago Aspas y Lucas Pérez, en su encuentro durante el programa. / TVG
Iago Aspas e Lucas Pérez, os líderes do Celta e do Dépor, reencontráronse este xoves pola noite. Foi no programa 'Land Rober', da TVG, onde ambos futbolistas protagonizaron un momento de hermanamento do fútbol galego a dúas semanas do partido da selección autonómica frente a Panamá.
"Aguantade en primeira para un último derbi", pediulle Lucas -que era un dos convidados da noite tras o ascenso dos coruñeses a segunda- a Aspas, que apareceu por sorpresa a través dunha videochamada. "Noraboa polo ascenso ao deportivismo. É bo para o fútbol galego", refiriu o celtista. O de Monelos agradeceullo e destacou a relación "sana" que sempre tiveran ante de invitalo a ese baile definitivo. O moañés aceptouno, aínda que lle lembrou tampouco lle queda moito ao máximo nivel.
Kiko Rivera e a volta de Touriñán
O seguinte que reclamou a atención de Lucas e Roberto Vilar foi Kiko Riveira, autor da canción 'Mambo', o himno oficioso do salto de categoría, que puxeron os herculinos tras cada vitoria na segunda volta. "Deunos a vida", dixo o atacante mentres suspiraba. Chamaron entón ao 'DJ' e cantante para convencelo de que estexa o día 25 na festa do ascenso, pero xusto ese día ten unha actuación. "Está difícil", admitiu Lucas, "pero algo hai que facer", reafirmou.
Pero a traca final tiña nome e apelido: Xosé Antonio Touriñán. Era a primeira vez que regresaba a ese plató tras a súa saída e despois de terse convertido nunha das celebridades de Galicia. "O que non consiga eu... Fago feliz a todo o mundo", espetou Lucas. Houbo amago de entrevista do coruñés, moi incisiva. Touri tirou da retranca, que lle sobra, e fixo chorar de emoción a Eva Iglesias noutro dos instantes máis lembrados da noite.
- Eclipse de Sol en Vigo y Galicia | Consejos, horarios y dónde ver el eclipse solar del 12 de agosto
- Se entrega en la Guardia Civil tras 20 días fugado el conductor que embistió a un coche de la Policía Local en Salceda
- Restaurantes y hoteles vigueses ya cuentan con una lista negra de clientes conflictivos
- El parque acuático de Monterrei dispara la afluencia de visitantes con los nuevos toboganes: «es mucho más completo»
- Roca Rey y José Tomás, dos figuras para dos «No hay billetes»
- Los camiones del Combo Dominicano se atascaron en Trives pero la orquesta tiró de entrega y talento para mantener la gira: «Nos hicisteis disfrutar igual que siempre»
- Rumbo directo a Vigo desde Irlanda: The Corrs deja 'sin aliento' a Castrelos
- Rebajan la pensión de 13.000 euros mensuales de una viguesa y sus hijos porque deben adaptarse al nuevo «nivel de vida»