A unidade de doazóns de sangue está hoxe na Guarda
A unidade móbil de doazóns de sangue está instalado dende onte na Guarda. O autobús está emprazado na Rúa Rosalía de Castro, ao carón do centro cultural, e hoxe estará operativo en horario de mañá, dende ás 10.15 ata as 14.30 horas.
O Centro de Transfusión de Galicia, grazas ao emprego destas unidades móbiles intenta facilitar o xesto solidario de doar sangue a todos os cidadás.
Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Non esquecer levar a tarxeta de doazón, DNI ou outro documento de identificación e informar ao médico se se está a tomar algún medicamento.
Temas
Pulsa para ver más contenido para ti
Comentarios
Ver comentarios