O Concello de Salvaterra de Miño organiza unha excursión ao parque de atraccións Warner de Mardrid.

É unha viaxe dedicada tanto aos amantes das emocións fortes coma aos máis cativos, que comparten a ilusión de coñecer aos seus personaxes favoritos: Piolín, o Pato Lucas, Bugs Bunny...

O itinerario comezará o 27 de maio. A saída será pola noite nun autobús desde a Praza do Concello. Os viaxeiros pasarán o 28 de maio enteiro no parque Warner. Ao remate, cea e descanso nun hotel.

O domingo 29 visitarán os puntos máis emblemáticos de Madrid. Despois de xantar no hotel farán a volta a Salvaterra. O prezo é de 169 euros por persoa, todo incluído.