Síguenos en redes sociales:

cultura

A Cañiza aposta polo teatro de outono no auditorio municipal

Mañá, ás 18.30 horas, teatro musical para público familiar: “Cantando con Pinocho”

O Concello da Cañiza propón dous espectáculos teatrais, un mañá e outro o sábado 6 de novembro. Para mañá ofrece unha proposta teatral enfocada para o público infantil e familiar e para a xornada do sábado 6 de novembro a suxerecia é unha obra de teatro para público adulto.

Mañá, ás 18.30 horas, o auditorio municipal da Cañiza, na Casa de Cultural, acollerá a obra “Cantando con Pinocho” da compañía Rigoletto Teatro.

O argumento é o da Fada de Cabelos turquesa do conto de Pinocho que contará o conto que enlazará cantado en directo as cancións compostas para a adaptación da obra teatral de Pinocho, que actulmante está de xira por Galicia. Cancións que tratan temáticas como a liberdade, a amizada ou a importancia de perseguir un soño, etc.

Xa en novembro, o sábado 6, a compañía “Fulano, mengano e citano” levará ao escenario a obra “A Louca historia de Galicia”. Será ás 20.30 horas, no auditorio municipal.

En clave de humor, contará a historia de Galicia, desde os celtas aos romanos, ata as máis recentes loitas tribiais libradas nas beiras dos nosos bosques. Son personaxes en busca da súa identidade.

Pulsa para ver más contenido para ti