Síguenos en redes sociales:

Redondela

Escolares aprenden como facer compost na casa

Visitaron o centro de compostaxe do municipio, onde coñeceron como o lixo orgánico se converte nun fertilizante

Escolares aprenden como facer compost na casa

Escolares do CEIP Reboreda de Redondela visitaron os centros de compostaxe do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra instalados no municipio para coñecer como o lixo orgánico se converte en compost. Un grupo de monitores indicoulles como é preciso separar o lixo na cociña, como se fan as achegas ao composteiro e se tapan co estruturante, e falaron do traballo dos mestres composteiros.

Esta visita realizouse como complemento ás charlas, obradoiros e xogos que solicitou o centro educativo ao Revitaliza co fin de familiarizarse con este modelo de xestión de residuos.

A maiores tamén se desprazaron ao punto de acopio de estruturante (material leñoso e de poda que se debe mesturar co lixo orgánico producido nas vivendas) para coñecer como se fai o triturado e saber que alí pode ir collelo calquera veciño que o precise.

Pulsa para ver más contenido para ti