O Concello de Salvaterra de Miño aproba conceder axudas de 75 euros á adquisición de libros e material escolar de infantil, para o curso 2020-2021.

O obxecto destas axudas é promover o principio de igualdade no exercicio da educación e compensar ás familias con escasos recursos para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillos, como a adquisición de libros e material escolar, dirixido a alumnos/as dos cursos de Educación Infantil matriculados nos centros escolares de Salvaterra.

O prazo de presentación de solicitudes fíxase do 12 de xullo ao 28 de agosto de 2020, ambos inclusive. A documentación entregarase no concello con cita telefónica previa no 697 911 050.