O Concello de Covelo volve por en marcha os seus exitosos roteiros nocturnos guiados e de observación estelar ao Alto do Catelo do Faro.

Serán catro xornadas de roteiros con observación e interpretación astronómica no MIradoiro Paisaxístico do Castelo, no punto geodésico do Faro, o máis alto da provincia pontevedresa a 1.154 metors de altitude, na parroquia de San Salvador de Prado.

As datas de roteiro serán catro sábados: o 25 de xullo, o 29 de agosto, o 19 de setembro e o 3 de outubro.

As saídas serán ás 21.00 horas da igrexa de Prado e compre levar lanterna. Cada xornada ten dispoñibles 40 prazas, divididas en dous grupos de 20. Reservas no teléfono 622676355.