festa do lacón con grelos de cuntis

O Lacón con Grelos celebra as súas vodas de prata

Cuntis convertirase esta fin de semana no epicentro gastronómico e cultural de Galicia

Preparación del lacón con grelos en la fiesta de Cuntis.

Preparación del lacón con grelos en la fiesta de Cuntis. / Iñaki Abella

M. González

O Concello de Cuntis ten todo disposto para homenaxear a un dos pratos máis tradicionais da gastronomía galega, o Lacón con Grelos. Durante tres días, a cila termal encherase de música e outras actividades que servirán de aperitivo ao día grande da cita gastronómica, este domingo 3 de marzo.

A celebración, declarada de Interese Turístico de Galicia e que se soe celebrar o domingo seguinte ao entroido - este ano adiada por mor das eleccións autonómicas do pasado 18 de febreiro -, conta cun completo programa onde non faltará a laconada, actuacións infantís, a mostra de camelias ou o concerto de Antonio José, un dos gañadores do programa La Voz.

Despois do novo éxito do Tapalacón, celebrado o 23, 24, e 25 de febreiro, a cita desta fin de semana promete encer as rúas e restaurantes da localidade. Así, esta noite, a partir das 21.00 horas, terá lugar a Gala do Chapante, unha das citas de referencia do entroido na localidade.

O humorista pepo suevos será o encargado da lectura do pregón nesta XXV edición da cita gastronómica

Para a xornada do sábado, está prevista a actuación da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional e a súa Banda de Acordeóns de Cuntis. Ás 19.15 horas actuará o grupo Folclórico Hai que Roelo. Ás 21.00 horas do sábado chegará un dos momentos máis agardados co concerto de Antonio José. Para rematar, a Carpa do Espadenal acollerá a gran Festa Guatelacón anos 60/70/80, a cargo de Disco Móvil Chocolate.

Cuntis, festa do lacón con grelos.

Cuntis, festa do lacón con grelos. / Iñaki Abella

O día grande será o domingo 3 de marzo. Os actos comezarán arredor das 11.00 horas co pasarrúas da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis. A continuación terá lugar a apertura da Feira de Artesanía e Produtos Agroalimentarios seguida dunha nova edición da mostra A Camelia no Lacón con Grelos. Tamén na Casa da Cultura haberá unha exposición de cerámica de Castrolandín.

Ademáis, sumarase tamén unha nova edición da Mostra de Encaixe e outra do Entroido Tradicional coa Asociación Cigarrón de Verín e a súa banda de gaitas. Ás 12.00 horas terá lugar a lectura do pregón, desta volta a cargo de Pepo Suevos, acto que dará paso ao xantar popular, donde os presentes poderán degustar un delicioso lacón con grelos. Ao longo de toda a xornada, a charanga Támega animará a festa e tamén o xantar.

O pregoeiro da Festa Pepo Suevos.

O pregoeiro da Festa Pepo Suevos. / Iñaki Abella

Durante a celebración da Festa do Lacón, que este ano acada o seu 25 aniversario, non faltarán as actividades para a cativada. O domingo pola tarde os nenos e nenas poderán disfrutar de varios espectáculos infantís e tamén con outras atraccións. Ás 18.30 horas haberá unha actuación musical para público de todas as edades a cargo de Background. A festa culminará co Velorio do Chapante e o seu posterior enterro, poñendo así fin oficialmente ao entroido en Cuntis.

Concerto de Antonio José, de balde

O cantante ofrecerá un concerto na Rúa Pedro Campos, nas inmediacións do pavillón. Será o sábado 2, desde as 22.00 horas. Grazas a un patrocinio e por tratarse da edición número XXV, o Concello de Cuntis ofertará este sábado o concerto do artista andaluz en aberto para todos os públicos. A entrada será libre ata completar aforo.

As persoas que adquiriron a súa entrada a través da plataforma Woutick recibirán o reembolso da entrada nas próximas horas. Coa programación deste concerto, Cuntis convértese nunha das paradas do Tour O Pacto, co que Antonio José presenta os temas do seu último traballo discográfico, no que realiza un repaso da súa traxectoria musical. Non faltarán algunhas das composicións máis coñecidas e exitosas do intérprete andaluz que, aos seus 29 anos, ten xa oito traballos publicados, 15 discos de ouro, 12 de platino e máis de 3 millóns de seguidores nos seus perfís oficiais.