Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Unha solución dialogada

Unha solución dialogada

Nacín nun lugar onde a incidencia do sector do mar, e moi concretamente da acuicultura, é determinante, O Grove.

Procedo dunha familia na que, o cultivo de mexillón en batea foi o seu proxecto de vida en tempos onde as condicións de traballo nin se semellaban ás de hoxe e as axudas ao seu desenvolvemento non existían.

Por fortuna, os tempos mudaron e o esforzo de todos posibilitou que hoxe nos atopemos ante un sector importante da nosa economía.

Semella, sen embargo, que as relacións, que son decisivas en todos os eidos, non foron acompasadas con ese desenvolvemento de condicións laborais, produtivo, comercial, do progreso en definitiva que antes nomeaba.

Os violentos sucesos acaídos a pasada semana en Vilaxoán, con intento de agresión incluido son, a máis lamentable expresión das relacións entre persoas. Rexeitables dende calquera ángulo que o queiramos ver.

Sen entrar a valorar que provocou esta situación, nada xustifica esa airada reación chea de agresividade contra a persoa que mellor coñece e máis pelexou polo mundo do mar en Galicia.

Ese marabilloso don da palabra maila fermosa lingua da que dispomos debe conformar o espírito que se impoña nas relacións entre persoas.

Calquera outro, ademáis de noxento, só serve para retratar a quen o poña en uso. Tan é así, que este sector atópase agora en inferioridade de condicións ante unha máis que desexable quenda para o diálogo.

Agardando que comence xa, non estaría de máis unha reación valente e sosegada dos colectivos profesionais que aínda non se pronunciaron. Non se entende que o sector produtivo, posiblemente máis apoiado pola Administración autonómica non sexa quen de rexeitar o acontecido e centre os seus esforzos en acadar unha solución dialogada.

*Exalcalde do Grove

Compartir el artículo

stats