Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Vilagarcía convoca o primeiro concurso de poesía Xaquina Trillo

Xermán Torres, la concejala Sonia Outón y el gerente del Centro Comercial Arousa, Luis González. Iñaki Abella

Co obxectivo de promover a creatividade entre a xuventude, así como a lingua galega e a figura da vilagarciá Xaquina Trillo, a Mesa das Verbas, en colaboración co Concello de Vilagarcía e do Centro Comercial Arousa, convoca a primeira edición do concurso de poesía Xaquina Trillo.

O certame está destinado a estudantes da ESO, é dicir, de 12 a 16 anos. O prazo de presentación de traballos está aberto ata o 10 de xaneiro e os poemas non poden superar os 60 versos. Teñen que ser inéditos, orixinais e estar escritos en galego.

Os premios

O primeiro premio está dotado de 100 euros, o segundo de 50 euros e o terceiro de 25, todos eles vales para gastar no Centro Comercial Arousa. Habilitouse unha urna na primeira planta para que os participantes entreguen as súas propostas. Tamén se permite o envío postal para facilitar a participación de xente de fóra de Vilagarcía.

Publicación dos poemas

O fallo do xurado darase a coñecer en xaneiro e en febreiro, co gallo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, farase o acto de entrega. Os poemas premiados publicaranse na revista Anacos e no blog da Mesa das Verbas. Tamén se lle dará difusión aos que non gañaron.

Na presentación do certame, onte en Ravella, Xermán Torres destacou que Xaquina Trillo foi unha muller galeguista que estudou no León XIII e foi discípula de Aquilino Iglesia Alvariño.

Compartir el artículo

stats