Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Centro de talasoterapia, realidade ou cantinela

-¿Como valora a relación do Concello con outras administración?

- G. D.: Nós traballamos pór e para os vilanoveses e as relacións acostuman a ser boas coas administracións que nos axudan a mellorar e malas coas que se levan os nosos impostos de forma inxusta e partidista a outros pobos para malgastalas. Esas administracións vannos ter sempre na súa contra e denunciándoas alí onde sexa necesario. Con nós non se xoga nin se nos intimida.

- J. D.: A relación do alcalde coas administracións, está a perxudicar a Vilanova.A Deputación é a entidade que máis está a invertir en Vilanova, moito máis que na época de Louzán. Sen embargo, adícase a insultala cando antes calaba. Pero o peor é que presenta proxectos adrede de forma incorrecta, para que llos deneguen e utilizalo como arma política enganando aos veciños.

- N. V.: Fai uso das asociacións para realizar mitins furtivos e exclúe dos actos a todos aqueles que non formen parte do seu aquelarre, política caciquil con maiúsculas. É unha mágoa que este Concello leve 24 anos sustentando a esta carrcha política.

- E. C.: Dicir que só cando interesa á política personal de algún dos membros de goberno se moven. Cando foi do peche de Valle-Inclán non conseguiron a reunión da que alardeaban para resolver un problema que afectaba directamente a mais de 200 familias.

-A piscina e o centro de talasoterapia eríxense como o gran proxecto destes últimos anos que nunca se concreta. ¿Vostede cre que é necesario realmente?

- G. D.: O proxecto é concreto e está totalmente definido. O problema é o bloqueo que provocou a Deputación socialista, coa complicidade do PSOE local, unha actitude suicida que os veciños tardaremos en esquecer. Dentro dun par de meses remataremos o auditorio e adicaremos esforzo a este proxecto de ocio e saúde.

- J. D.: É unha das múltiples cantinelas de Gonzalo Durán, xunto co paseo marítimo das Sinas, que leva proclamando desde que aterrou no meu pobo. Para facer eses proxectos precísanse dúas cousas: ter capacidade e ter boa relación con outras administracións, e Gonzalo Durán non ten ningunha das dúas

- N. V.: É como o Guadiana, aparece cada vez que hai eleccions, uns meses de moitos anuncios, e despois desaparece ate as próximas, leva anos con esta cantinela. A situación económica de Vilanova é a que é e temos que priorizar as necesidades, e a piscina non é una necesidade.l

- E. C.: Todas as empresas que favorezan a riqueza do noso pobo son necesarias pero tal e como obra o PP e Gonzalo Durán en concreto non me estranaría que ese hotel de talasoterapia se fixera con cartos dos veciños e logo se pasara a mans privadas, para iso mellor xa que a empresa privada o faga dende cero.

Compartir el artículo

stats