A nosa preocupación é que levan ano e medio para cambiar o proxecto da piscina e non se ven trazas de que inicien as obras a corto prazo.

A nosa preocupación é que levan un ano paralizadas as obras do Plan Concellos do ano 2016 por non solucionar o Concello o asunto do informe arqueolóxico necesario.

A nosa preocupación é que tardaron seis meses en remitir un acordo á Xunta, por eso está pechado o centro de día.

A nosa preocupación é que en dous anos non avanzaron en nada as xestións da praza de abastos.

A nosa preocupación é que a comisión da Cidade Europea do Viño leva seis meses de retraso e sen programa.

A nosa preocupación é que este ano, por decisión do cuatripartito e despois de 15 anos consecutivos, non se celebren aquí os cursos da UNED e da Menéndez Pelayo, importantes para os universitarios/as cambadeses/as.

O problema é que mentres se dedican a viaxar, a alcaldesa a Madrid á Femp e á Deputación cada vez que a súa xefa Carmela Silva a chama, para ir de paseo, xa que non trae unha soa inversión a maiores do que nos corresponde por reparto habitual do Plan Concellos, nin de Madrid.

O problema é que viaxan a Bruselas, Madrid, Portugal, etc.. e resulta que se unha persoa quere consultar as actividades máis importantes para programar a súas vacacións en Cambados, non ten xeito de informarse. E estamos a perder unha gran oportunidade.

Estes son os problemas que teñen e sufren os vecinos/as de Cambados, e que o cuatripartito non supera, nin resolve e se está a vivir unha situación de parálise que se traducirá nun retroceso no desenvolvemento de Cambados respecto dos concellos veciños.

*Luis Aragunde é o voceiro do PP de Cambados.