De 'esmorga' 10 anos despois

Os cines Tamberlick proxectan o filme baseado na obra de Blanco Amor con motivo do seu aniversario

A esmorga

A esmorga

Dez anos despois de que Cibrán, o Bocas e o Milhomes chegasen ao cine, 'A Esmorga' volve a proxectarse na gran pantalla. Con motivo deste décimo aniversario, o filme baseado na icónica obra de Eduardo Blanco Amor regresa aos Cines Tamberlick de Vigo o xoves 16 de maio.

A partir das 20:00h exhibirase a cinta e tamén terá lugar un coloquio co directo, Ignacio Vilar, o actor Antonio Durán Morris e Elmer Morales.

En 2014 'A Esmorga' supuxo unha revolución no cine galego. Filmada en diferentes localizacións de Ourense, a produción supuxo xornadas maratonianas de rodaxe con condicións meteorolóxicas ben duras para o reparto, todo para lograr recrear esas 24 horas de esmorga entre os tres compañeiros, que deixan tras de sí un regueiro de destrucción.