Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pepe Viyuela propón unha "Encerrona" no Festiclown

Pepe Viyuela, nunha imaxe promocional do seu espectáculo, "Encerrona".

O Festiclown, que terá lugar desde hoxe ata o 17 de agosto en Vilagarcía de Arousa, conta con algún dos nomes máis destacados da escena nacional e internacional do clown. O domingo 14, ás 21.30 no Salón García, será a quenda da "Encerrona" de Pepe Viyuela, cómico recoñecido polas súas intervencións televisivas -na serie "Olmos y Robles", da que pronto se emitirá a segunda tempada en TVE- e o seu labor humanitario, con Payasos sin Fronteras ou Pallasos en Rebeldía, e gañador recentemente dun Premio Max pola obra "Rinoceronte".

O Día de San Roque, o martes 16 de agosto, á mesma hora e no mesmo lugar, será a quenda de "The Best of Leo Bassi", que recolle algúns dos mellores scketches do bufón italiano.

O carácter solidario do Festiclown queda tamén patente na parte do programa relacionado coa acción social: unha visita, onte xoves, de Pallasos en Rebeldía ao Hospital do Salnés; unha proxección, debates e exposición fotográfica do paso de Pallasos polo campo de refuxiadas de Idomeni, hoxe día 12; ou un espazo de conversa coa pallasa Natalia Outeiro "Pajarito", co título "Ten xénero o clown?", o domingo 14.

A Gala solidaria con Pallasos en Rebeldía, o sábado 13, reúne a Pepe Viyuela, Peter Punk, Mundo Mandarina, Isabel Risco e o mago Pablo Muñoz, con Fran Rei e Pedro Brandariz como presentadores, no Salón García ás 21.30.

O programa completo está en www.festiclown.org.

Compartir el artículo

stats