Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A viaxe á fin do mundo

MANUEL F. RODRÍGUEZBolanda, 487 páxinas

A viaxe á fin do mundo

O roubo en 1906 na basílica compostelá da cruz de Alfonso III, unha cruz grega do século IX de ouro e xemas, nunca se resolveu. A prensa a penas tratou o sucedido, malia supoñer a perda da ofrenda más antiga ao apóstolo Santiago e a máis venerada polos antigos peregrinos europeos.

Partindo deste suceso, o xornalista, doutor en Ciencias da Información e autor de varios libros sobre a temática xacobea Manuel F. Rodríguez (Sarria, 1958) constrúe unha ficción na que un xornalista investigará o caso. A súa busca levarao a cruzarse, de inesperado xeito, con outras buscas non menos determinantes. Procuras que aos cen anos do roubo volverán con insospeitadas consecuencias. A clave estará na viaxe metafórica e real ao finis terrae más mitificado polos europeos a través dos séculos.

Compartir el artículo

stats