Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Fosfatina, BD

A incrible editorial independente

Imaxe da aventura gráfica Saucer-Like.

"Es muy normal ir a festivales en Madrid y Barcelona o Valencia y escuchar frase cómo: "¡Ojito con lo que tenéis ahí, en Galicia!" Quen di isto é Rubén Romero, editor xefe de Fosfatina, referíndose ao amplísimo potencial de autores galegos de banda deseñada e ao seu talento.

Fosfatina é unha editorial independente que naceu en Vigo en febreiro de 2014. Parafraseándoos novamente (é que, ademais dun catálogo xenial, din moi ben as cousas), están especializados en realizar cómics, fanzines e videoxogos incribles. Se crear unha editorial independente en 2014 xa parece un síntoma de tolemia, enfocala en cómics e fanzines é, optemos polo eufemismo, valente, moi valente (metéronse tamén no mundo dos videoxogos?),e, recordemos, en Galicia. Sen embargo, con todo, cal é o obxectivo de crear unha editorial? A oportunidade comercial pode ser un motivo, pero sexamos realistas? Rubén Romero, que xa pertencía a semellante eido, traballaba e traballa na Editorial Elvira como maquetador e director de arte, aproveitou o baleiro con posibilidades que detectou no panorama galego para levar a súa paixón polo cómic, a ilustración e o libro-obxecto cara ao seguinte nivel: apostar por un selo independente dedicado enteiramente a estas disciplinas. E, desde aquí, o meu agradecemento por iso. Ademais, por complicado que pareza, a cousa marcha: "Galicia goza de una escena muy poderosa y solvente desde hace muchos años, desde la época de Polaqia con gente como David Rubín, Emma Ríos o Roque Romero hasta la actualidad con autores que, rondando diferentes estilos, aparecen en publicaciones nacionales e internacionales."

Fosfatina parece unha canteira infinita de talentos. Proba diso é a súa primeira antoloxía, HOODOO VOODOO, un proxecto colaborativo de artistas de vangarda e autores de cómic alternativo. Por destacar só a algúns deles: Andrés Magán, María Ramos, José JaJaJa, Los Bravú, Óscar Raña, Conxita Herrero, Ana Galvañ, Roberta Vázquez ou Cristina Daura. A esta marabillosa cantina hai que sumar o saber facer adquirido por Rubén na súa experiencia editorial, o seu equipo (conta coa colaboración do artista Óscar Raña e dá xa amentada Editorial Elvira), unha aproximación fresca e diferente e moito sentido común. "Gracias a internet, el campo de acción sobre el que trabajas es masivo y existen infinidad de herramientas para alcanzar tu público objetivo. [?] Nuestras ediciones son de carácter limitado, realizamos tiradas pequeñas y las distribuimos nosotros mismos. Se trata de ir creciendo de forma sostenible." Coa vista posta en referentes como Breakdown Press (Reino Unido), Lagon (Francia) e as nacionais Ediciones Valientes, Apa-Apa Còmics e Fulgencio Pimentel, Fosfatina, co seus escasos pero moi reseñables case catro anos de vida, parece que goza de boa saúde: seguidores fieis, un estilo ben marcado e unha presenza en mercado que vai en aumento.

Entre os seus proxectos actuais están pechar o segundo volume de FOSFATINA 2000 en decembro, co cómic de Berto Fojo, e comezar o terceiro volume (oito cómics de dezaseis páxinas impresos en risografía a dúas tintas, que se poden adquirir mediante subscrición anual), o próximo libro de José Quintanar (José JaJaJa), un proxecto de carácter monográfico con Óscar Raña e Cynthia Alfonso e continuar coa publicación de Blobby Boys, de Alex Schubert.

Ademáis de no basto mundo de internet e en diversos festivas nacionais (GRAF, Gutter Fest, Tenderete, No tengo mamá?), podes atopar as súas publicacións en Fatbottom (Barcelona), La Central de Callao (Madrid), Komics (Santiago de Compostela), Detrás Do Marco (Vigo) e Bartleby (Valencia).

Non só de cómics vive o home (nin a muller)

  • Unha de videoxogos: Fosfatina tamén desenvolve videoxogos independentes. Para iso, crearon a división Fosfatina Arcade. A súa primeira proposta, Saucer-Like, é unha aventura gráfica á antiga escola, que evita o fácil e aposta por unha trama elaborada apoiada nunha estética melancólica e ben coidada. Un proxecto interesante para os amantes dos videoxogos sisudos e alternativos, que valoran historia e imaxe e para os que, sen ser iniciados, sintan curiosidade, visto a arte desta xente. Desde abril está dispoñible nas plataformas de Steam e Stone. Aínda que Saucer-Like aínda non está pechado (hai dúas novidades inminentes que Rubén non puido desvelar aínda), xa están a traballar no seguinte proxecto e nun videoxogo para plataformas móbiles. Unha de música: Serán os encargados da próxima edición de Galician Bizarre, unha compilación editada en vinilo das bandas underground galegas actuais que xa vai polo terceiro volume, xunto co seu creador Rafa Anido e cos integrantes do grupo santiagués La Melona. E? outra de fanzines: Rubén Romero, ademais, pertence ao colectivo Seara Records, organizador do festival No tengo mamá, un festival sonográfico que mestura a música e o mundo das artes gráficas, que se celebra a finais de verán nas inmediacións do MARCO.

Compartir el artículo

stats