Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

De Tude a San Tude

Para guerreiros e crianzas

Gravado de San Tude

Nos relatos homéricos sinálase que Tydeo, príncipe grego, fillo de Oeneo (rei dos aetolos), tivo, á súa vez, un descedente chamado Diomedes. Aseguran as fábulas que este e mais as súas tropas foron derrotados en Troia. Exiliados os gregos das súas illas, decidiron embarcarse e poñer rumbo a España, cruzando Xibraltar e iniciando deste xeito un periplo de novas fundacións en toda Iberia. Certos cronicóns de época aseveran que as cosas do Atlántico viron chegar as súas novas, como tamén o continúan afirmando autores de épocas posteriores, tales o barroco Prudencio de Sandoval ou o Padre Flórez. Baiona e outras vilas do NO. foron colonizadas, segundo os cronicóns, por aqueles gregos do relato.

Tamén narran algúns outros autores que outro enclave da conquista foi a actual cidade de Tui, situada nas ribeiras dun navegable Miño, no territorio dos grovios. Diomedes, en memoria do seu defundo pai, Tydeo, bautizou a nova cidade que viña de fundar co nome de Tyde. E como Castellum Tyde foi coñecido, en efecto, o lugar polos romanos -topónimo empregado por Plinio no século I da nosa era- ou Aetola Tyde, de parte de Silio Itálico, quen recalca con esta variante a suposta orixe helena. En fin, Ptolomeo, un século máis tarde e na súa Xeografía, utiliza a variante Tude, nome que se reitera no coñecido Itinerario de Antonino, redactado aproximadamente no século III, e que enmarca a cidade miñota dentro da vía XIX, que decorría entre Brácara Augusta e Astúrica Augusta.

Sen embargo, Tude é moi pouco coñecida como nome propio en relación a esoutro, homónimo, dun santo: San Tude. O escritor portugués Tude M. de Sousa escribiu, en 1940, un curioso libro que debulla a vida deste mártir de orixe francesa, cuxa festividade no santoral cristián ten lugar o 17 de xuño. San Tude é avogado das dores de gorxa, febres e catarreiras, entre outras doenzas corporais.

Transcorre a vida do santo e bispo de Besançon -tamén coñecido como San Antidio do outro lado dos Pirineos- nos derradeiros días do Imperio romano e nun momento convulso, daquela, no cal os pobos bárbaros estaban a invadir toda a Europa Occidental -os vándalos asolaban coas súas razzias as terras francesas; croncretamente, un caudillo chamado Crocus atacaba os vales nativos do noso protagonista. O castelo de Ruffrey, que pertencía ao propio Tude, regalo do emperador Teodosio, atopábase sitiado, acubillándose no seu interior as tropas procedentes doutras fortalezas próximas. Coñecedor desta circunstancia, Tude decidiu achegarse desde Besançon e ofrecerse en persoa, implorando a Deus e ao mesmo Crocus que o matasen a el en troco da salvación de todos os demais. Feito prisioneiro, Tude foi torturado. Porén, nin os latigazos nin os diferentes maltratos conseguiron a menor renuncia da súa fe cristiá. Tude "acabou sendo degolado; ao tempo que rodaba a súa cabeza polo chan, os seus labios persistían murmurando palabras de fe." A partir de aquí, naceu a lenda da súa santidade e devoción.

San Vicente de Fora, Lisboa.

O castelo de Ruffrey foi tomado, finalmente, polos bárbaros e a súa poboación ficou cautiva. Así e todo, a gloriosa morte de Tude serviu de motivo de fe e de esperanza para os habitantes de Besançon que resistiron con valentía os ataques inimigos. Crocus desistiu entón da toma da fortaleza, arrasando na súa retirada todo canto encontrou ao seu alcance. Mais feito prisioneiro nunha emboscada, o vándalo foi presentado ao público entre ferros por parte do prefecto de Arles, Mario, quen ordenou que o executasen. Mentres tanto, os restos de San Tude foron desenterrados polas xentes e as súas reliquias veneradas con fervor. Mesmo, xa no século V, foise construír unha capela baixo a súa advocación a pouco distancia de Ruffey.

En Portugal

Compartir el artículo

stats