Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Música para amenizar o magosto do Colegio Vigo

Camiñando con zancos.

O Colegio Vigo celebrou por todo o alto a festa do Magosto. Este ano o tempo acompañou e alumnos e profesores disfrutaron unha preciosa mañá no patio na que as castañas foron as protagonistas. Amenizaron a festa cun improvisado grupo folk composto por un grupo de alumnos de primeiro curso da ESO (un gaiteiro, unha pandereteira e unha violinista), que puxeron a música ambiente para que o resto dos alumnos bailasen. Asimesmo, parte dos integrantes da comunidade escolar participaron no asado das castañas e en diversos xogos populares como as carreiras de sacos, o xogo da ra, relevos con castañas, os zancos, a comba... Mención especial para os cursos e profesores encargados da decoración do centro escolar.

Compartir el artículo

stats