Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ceibes no monte

O Instituto Terra de Turonio de Gondomar publica este libro sobre os cabalos en libertade da man da editora miñorana PAI edicións

Os alumnos quixeron posar ao carón dos paneis informativos.

O Instituto de Ensino Secundario Terra de Turonio do concello de Gondomar desenvolve desde o ano 2003 o proxecto "Ceibes no monte", que aborda a realidade dos cabalos en liberdade nos montes da Terra de Turonio. Unha realidade presente na contorna do centro educativo e nas familias do alumnado.

No ano 2008 preséntase "Ceibes no monte" ao proxecto didáctico Antón Fraguas que convoca o Museo do Pobo Galego, obtendo o primeiro premio. Este recoñecemento conlevou a realización dunha exposición sobre os contidos do proxecto que abrangue os seguintes ámbitos: o medio natural, o monte comunal, o cabalo galego de monte, os curros e o cabalo nas artes.

A exposición foi inaugurada no Museo do Pobo Galego en setembro de 2009 e desde entón foi itinerando por diferentes espazos e concellos. A exposición está a disposición dos centros educativos, concellos e asociacións que a soliciten. Xunto coa exposición desenvolveuse a web: www.ceibesnomonte.com

Un libro, un conto, un DVD

A publicación que agora ve a luz da man da editora miñorana PAI ( Producións Audiovisuais Inxeniosas ) recolle diversos materiais realizados no centro educativo e as colaboracións de escritores, veterinarios, entidades, asociacións de gandeiros e comunidades de montes.

O libro "Ceibes do monte" contén artigos especialmente elaborados para a publicación: un texto asinado polo Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; unha visión dun veterinario, ou a entrevista a un membro dunha comunidade de montes.

Ademais, contén unha ampla ilustración fotográfica, con achegas de fotógrafos profesionais ( Xabier Fernández, Anxo Cabada, Javier Teniente ) complétase con debuxos realizados polo alumnado do centro ao longo das 100 páxinas.

"Bestiña" é o título do conto ilustrado por Andrés Meixide con texto de Santi Veloso e Alfredo López. Este conto narra a historia dun cabalo ceibe de monte desde o nacemento e o seu posterior desenvolvemento ceibe nos montes.

O DVD que acompaña ao libro contén o documental "Ceibes no monte", realizado pola produtora audiovisual Casa de Tolos de Gondomar e tres vídeos dos curros que se celebran no concello de Gondomar: o de Morgadáns, o de San Cibrán ( Donas ) e o do Galiñeiro ( Vincios ).

Ademais, o DVD contén unha entrevista realizada á escritora Eva Moreda ( autora do libro "O país das bestas ") e ao escritor Gonzalo Moure ( "Eu son un cabalo", "Os cabalos do meu tío", "Tuva") nas instalacións de Radio Turonio, a radio do instituto. se secundaria gondomareño.

Tamén se recolle a participación do escritor, profesor e colaborador de FARO DE VIGO Xosé Luis Méndez Ferrín recitando o poema "Cabalos do seu libro Estirpe".

Esta publicación foi posible debido á colaboración da Consellería de Cultura e Educación do Concello de Gondomar e das comunidades de montes do Val Miñor.

A publicación véndese nas librarías da comarca e pódese pedir ao Instituto Terra de Turonio de Gondomar.

Compartir el artículo

stats