O Consello da Cultura Galega analiza a galeguización da Igrexa no centenario de Alfonso Zulueta

Zulueta de Haz, en 2013.  | // X.Á.

Zulueta de Haz, en 2013. | // X.Á. / REDACCIÓN

REDACCIÓN

“Igrexa e lingua na Transición” é o título da xornada coa que o Consello da Cultura Galega (CCG) analizará hoxe os movementos e iniciativas a prol da galeguización da Igrexa neste período. A xornada é tamén unha homenaxe a Alfonso Zulueta de Haz (Vigo, 1924-2017), cando se fan cen anos do seu nacemento, quen tivo un papel destacado na tradución da Biblia ao galego. A cita se pode seguir en directo desde o web e as redes sociais da institución.

Notario e intelectual galego, Alfonso Zulueta foi presidente do Partido Galego Social-Demócrata (1974-1978) e da Fundación Penzol. Persoeiro destacado do Partido Galeguista, presidiu o Consello da Cultura Galega entre 2002 e 2006.