Para o presidente dos Escritores en Lingua Galega, "a mellor homenaxe que podemos facer a Neira Vilas é seguir divulgando a súa obra". Sánchez destaca o labor esencial do autor "para conseguir que os nenos puidesen escolarizarse en lingua galega e de procurar que tivesen infancias felices". Destaca ademais a preocupación do autor en toda a súa obra por "reivindicar a dignidade dos emigrantes". "Alégrome de que tivésemos tempo para demostrarlle que lle queremos, respectamos e valoramos", conclúe.