O que moitos calificaron de "liturxia", outros de 'festa nacional", homenaxea con xustiza hoxe a unha figura clave na literatura galega: o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. Falamos do Día das Letras Galegas, unha efeméride que este ano une dúas celebracións por unha. Por un lado, o día do home co nariz de paiaso e pluma teatral para verquer os problemas sociais do seu entorno e a visión diacrónica das pasións e inxusticias do Camino de Santiago así como os secredos da suposta tumba do Apóstolo. Por outro, atópase o recuerdo de que hai 150 anos imprimíase nun local do Casco Vello de Vigo150 anos imprimíase nun local do Casco Vello de Vig o libro máis universal da literatura galega -Cantares gallegos- cando esta era un espectro aforcado por estereotipos inxustos.

Máis de 20 actos (sen contar as actividades de centros de ensinanza de Primaria ou Secundaria) celebráronse esta semana e os actos continuarán ata o domingo na comunidade, apoiados por outros en universidades de Barcelona e Madrid, máis os eventos puntuais que fomenten os lectores de galego no estranxeiro.

O mércores,en Vigo, tivo lugar a inauguración da exposición "No principio foi o verso. Rosalía de Castro", unha mostra sobre os 150 años de Cantares gallegos que leva varios meses xerándose e que despois percorrerá Galicia. A exposición mostrouse por primera vez ao público na Fundación Barrié de Vigo. Está organizada pola RAG, a Fundación Rosalía e a Universidade de Vigo.

En Santiago, os músicos do Conservatorio Profesional de Música de Santiago ofreceron un concerto en San Domingos de Bonaval, onde tamén houbo unha ofrenda floral en horna á poeta De Castro, que está alí soterrada.

O xoves, Vigo e Santiago volveron centrar os actos. Na cidade olívica, a compañía Fulano, Mengano e Citano realizou unha lectura dramatizada de textos de Vidal Bolaño na Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas. En Compostela, o Consello da Cultura Galega organizou o seu concerto Día das Letras Galegas baixo o título Aqueles doces Cantares en San Domingos de Bonaval.

Hoxe, o día grande, o mesmo no que se publicaba Cantares gallegos e no que se celebra o Día das Letras Galegas -17 de mayo- a Real Academia Galega celebra ás 12.00 horas un pleno extraordinario no Teatro Principal de Compostela coas intervencións dos académicos Margarita Ledo, Euloxio Rodríguez Ruibal e Francisco Fernández Rei; pecha o acto o seu novo presidente, Xesús Alonso Montero.

En Vigo, a Fundación Rosalía de Castro xunto ao Concello, a Asociación Galega de Deseñadores, a Asociación Veciñal e Cultural do Casco Vello e a Federación Eduardo Chao ofrecen varios actos para recordar a Rosalía e a súa obra. Son na zona vella da cidade olívica. Veciños e organizadores realizan entre as 08.00 e as 12.00 horas un tapiz floral en horna a Rosalía que chegará ata o último local da Rúa Real que ocupou a imprenta de Compañel, editor que publicou Cantares gallegos. Posteriormente, haberá recitais na rúa, música na Praza da Constitución e na Praza de Almeida. Como broche, a interpretación do himno galego na Rúa Real.

O Teatro Principal de Santiago acollerá ese mesmo día 17 a obra de Bolaño Criaturas; e o Rosalía en A Coruña Días sen gloria, do mesmo autor, co Centro Dramático Galego.