ÚLTIMA HORA
El Constitucional rechaza el recurso de amparo a Juana Rivas

Escritores galegos, cataláns e vascos fedéranse para defender o seu oficio

 
Cesáreo Sánchez, presidente dos escritores en lingua galega.
Cesáreo Sánchez, presidente dos escritores en lingua galega. 
 NOTICIAS RELACIONADAS
  Integrar os autores no ensino .  Sociedad y Cultura

A Federación Galeusca, cuxa constitución coincide co 25 aniversario dos encontros anuais entre autores das tres comunidades, pretende dar visibilidade a estes idiomas

Ágatha de Santos / VIGO
Os escritores galegos, cataláns e vascos constituirán o próximo domingo en Poblet (Tarragona) a Federación Galeusca, que englobará a máis de 1.280 creadores literarios, para defender a profesión e dotala dun instrumento xurídico de coordinación e de acción conxunta. Segundo o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez Iglesias, só un catro por cento dos escritores que escriben en galego poden vivir da literatura nos seus diversos eidos. O resto ten que compaxinar o oficio de escritor con outros traballos que nada teñen que ver coa cultura.
"Aínda que as cousas estean mellor que cando naceu a nosa asociación, hai uns 29 anos, todavía a situación do escritor en galego é preocupante. En Galicia, só cinco ou seis viven de escribir", manifestou Sánchez Iglesias.
Unha situación semellante están a vivir os autores en lingua catalá en Cataluña onde a porcentaxe de escritores que viven exclusivamente da escritura é prácticamente igual ao índice galego, 5%, segundo explicou onte o presidente da Associació d´Escriptors en Llengua Catalana, Guillem-Jordi Graells.
Dar visibilidade ás literaturas galega, catalá e vasca, e profesionalizar a estes escritores, entendendo como tal que poidan vivir da súa faceta literaria, é o principal obxectivo da Federación Galeusca, que, segundo Sánchez Iglesias, "é un paso máis" dentro da actuación de Galeusca, un encontro anual creado para establecer relacións entre os creadores literarios nestas tres linguas, e que coincide co seu 25 aniversario.
"En Poblet naceu, hai 25 anos, Galeusca, un encontro anual
creado para establecer relacións entre os creadores literarios nestes tres idiomas", lembrou o presidente de AELG.
Segundo explicou Sánches Iglesias, este encontro permite o intercambio así como o coñecemento dos escritores das tres linguas, ademais de favorecer as edicións e traducións de obras sen ter que pasar polo castelán. "Isto permite -dixo Sánchez Iglesias- o coñecemento mutuo das nosas literaturas".

Morti tendrá una nueva vida.
La prótesis 3D del pato Morti

La prótesis 3D del pato Morti

El animal perdió una extremidad, pero el esfuerzo de varias personas le ha proporcionado una nueva...

Una niña recupera a su perro gracias a un dibujo hecho por ella en México

Una niña recupera a su perro gracias a un dibujo hecho por ella en México

Una protectora colgó la imagen en Facebook y los usuarios de la red social lo encontraron

 
Enlaces recomendados: Premios Cine