"A lingua non para" é este ano o lema do Correlingua, a carreira polo galego que chegará hoxe a Pontevedra e na que participarán uns 1.300 escolares da comarca que encherán as rúas de cantos, berros e alegría na nosa lingua.

O Correlingua comezará ás 10.45 horas e terá distintos percorridos para nenos de Infantil e para os de Primaria e ESO.

A actriz e humorista Isabel Risco dará a benvida aos participantes e presentará o acto na Ferrería, ás 10.30 horas. De seguido sairán as carreiras, que percorrerán as rúas máis emblemáticas da cidade.

Nesta edición do Correlingua, ademais da participación de diferentes institucións e concellos, a organización quere agradecer especialmente a colaboración das librarías pontevedresas Paz, Seijas, El pueblo, Nóbel, Escolma, Clip, Aviones de papel e D Lectum; e das editorias pontevedresas OQO e Kalandraka , Que nos ceden os lotes de libros que se reparten entre os centros participantes.

Os libros serán uns dos agasallos que recigirán os nenos, que también poderán gozar da música dun dos grupos gañadores do Cantalingua.