Marea Pontevedra aprobou poñer en marcha o proceso de elección e participado da súa candidatura municipal. O colectivo cidadá volverá a apostar polas primarias abertas como formula para elixir a súa candidatura para as municipais do 2019. O regulamento de primarias de Marea Pontevedra servirá de marco para o desenvolvemento do proceso electoral. A asemblea de Marea Pontevedra decidiu dividir o proceso electoral en dúas fases. Unha primeira para elexir á persoa que encabece a lista e a segunda, no cuarto trimestre de 2018, o resto da candidatura.