O Cine Seixo acollerá o quinto pase da segunda edición do ciclo de cinema galego "Ficciónate". O evento celebrarase na sala de cinema de Seixo o venres 15 ás 20.00 horas (19.30h apertura de portas).

Os catro filmes que conforman este ciclo de cinema itinerante son "Illa Pedra de Adriana Páramo" (London Film School), "Einstein-Rosen" de Olga Osorio (premio Mestre Mateo 2017 á mellor curtametraxe e ducias de seleccións en festivais internacionais), "Curricán" de Álvaro Gago (Premio do Público en Cans 2015) e "Superpunky, el Musical" de Pablo Cacheda (apodado o "La la land galego").

Neste acto intervirán os organizadores do ciclo, directores e produtores das obras e membros do elenco artístico dalgunhas das obras e posterior ás proxeccións haberá un coloquio cos representantes das obras.

O ciclo de cinema "Ficciónate" é unha iniciativa de Abella Creativa en colaboración con MT Producciones. A entrada terá un custe de 5 euros.