| Onte comenzaron os actos derivados do Día das Letras Galegas. A Biblioteca de Campelo acolleu ó boneco muppet "Filipa", que contou ós rapaces asistentes varios contos infantís de Carlos Casares acompañado de música e cunha narración na que participaron os nenos e tamén os maiores.