Relatos que valen un ano de libros

Os gañadores de "No verán refréscate cos libros" recibirán os textos de todo o curso

28.06.2016 | 02:45
Los ganadores del certamen. // Santos Álvarez

O Concello de Marín entregou no do Museo Municipal Manuel Torres os premios do IV Certame Literario Concello de Marín "No verán: refréscate cos libros", destinado a escolares. O xurado avaliador otorgou o primeiro premio da primeira categoría (1º e 2º de Primaria), a Hugo Santiago Villanueva, do colexio Inmaculada, pola obra titulada "Actividades de verán para na biblioteca gozar".

O premio consiste nun cheque por valor da totalidade da compra dos libros de texto correspondentes ao curso escolar 2016-2017. Nesta categoría o segundo e o terceiro premio quedaron desertos.

Cheque

No segundo ciclo (3º e 4º de Primaria), o primeiro premio, consistente nun cheque por valor da totalidade da compra dos libros de texto para o vindeiro curso escolar foi para Andrea Sanjorge Barcia, do colexio San Narciso, pola peza "Historias de Carme e Andrea, un campamento moi especial". Tamén nesta categoría o segundo e o terceiro premio quedaron desertos.

No terceiro ciclo (5º e 6º de primaria), o primeiro premio, con idéntica dotación, foi para Ángela Aboy Cruz, do colexio Sequelo, por "O limoeiro defectuoso"; mentres que o segundo premio (cheque por valor da metade da compra dos libros de texto) concedeuse a Guillermo Rodríguez González, tamén do Sequelo, por "O libro que non soportaba a praia". O terceiro premio (cheque por valor do material escolar) foi para Julia Nogueira González, do Sequelo, por "Marmaduque e os libros".

Xurado

Actuaron como xurado María José de Pazo Allariz, concelleira de Cultura como presidenta do xurado, Beatriz Rodríguez Gómez concelleira de Patrimonio e María Engracia Vicente Izquierdo, directora da Biblioteca Municipal Vidal Pazos como vogais.

Este certame convócase cada dous anos co gallo do Día das Letras Galegas, xunto ao certame Premio de Narración Curta Concello de Marín, no que poideron concorrer todos os autores que o desexaron. Os traballos presentados debían estar escritos en lingua galega.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine