Coincidindo co centenario das Irmandades da Fala o Clube de Opinión Portocelo celebrará o xoves 2 de xuño no Museo Manuel Torres de Marín, un acto conmemorativo do 140 aniversario de Ramón Cabanillas, "o poeta da raza" e un dos precursores do secular movemento galeguista. Consistirá nunha disertación sobre "Ramón Cabanillas, o poeta das Irmandades da Fala", a cargo do Francisco Fernández Rei, catedrático de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago e membro numerario da Real Academia Galega, e asesor da comisión do Ano Cabanillas.

Recital poético

A esta conferencia seguirá un recital poético con poemas de Cabanillas o que lle poñerán música Samu Acuña (voz e guitarra) e o grupo folcórico Pousos da Area, que colaboran con esta conmemoración. O acto contará coa presenza da neta do recordado poeta cambadés, Pitusa V. Cabanillas, gran defensora e promotora do legado cultural do seu avó. Ramón Cabanillas foi outro dos intelectuais galegos que tuveron certa vinculación con Marín a través dos Xogos Frorais que organizaba aló polos anos cincuenta a Asociación de Cultura e Arte Santa Cecilia a quen cedeu o seu poema "Un piniño novo" para a promoción do añorado certamen poético e literario marinense.